CompoSala Logo

CompoSala

Futsal Club

Un Clube formado co obxetivo de revivir o fútbol sala en Santiago

Levando valores como a inclusión, a igualdade e o respecto, un equipo con moita ambición e ganas de transmitir a paixón que sentimos por este deporte.

Os Nosos Valores

Os principios que nos definen

🤝

Compromiso

Cara os compañeiros, cara o clube

❤️

Paixón e Ilusión

Compartimos e fomentamos o amor polo noso deporte

🌍

Ubuntu

Eu son porque Nós somos

🏆

Respecto

O punto de orixe de todo

🚪

Inclusividade

Fútbol sala sen barreiras de ningún tipo

Calidade

Profesionais do máis alto nivel en cada sección

A Nosa Historia

O camiño que nos trouxo até aquí

En pleno corazón de Santiago de Compostela, o CompoSala nace no 2023 para recoller o legado histórico do fútbol sala que define a cidade. Impulsado por un colectivo de ex-xogadores e adestradores tras a desaparición de clubs emblemáticos, o proxecto arrincou coa arela de revitalizar este deporte. Dende o primeiro intre, a iniciativa recibiu o pulo de recoñecidas personalidades do fútbol sala, cuxo apoio foi fundamental para converter a visión nunha realidade tanxible e devolver a ilusión á afección local.

O nacemento do CD CompoSala foi un verdadeiro exercicio de mobilización comunitaria. A súa fundación non sería posible sen o apoio popular que se materializou nunha exitosa campaña de micromecenado, na que participaron máis de cen persoas. A este esforzo sumáronse máis de dez empresas locais, convertidas en cofundadoras simbólicas. Este respaldo canalizouse na creación dunha estrutura sólida dende o inicio, establecendo un equipo sénior masculino e outro feminino, e unha canteira que, xa en 2024, superaba o cento de xogadores e xogadoras en todas as súas categorías.

A historia deportiva do club escribiuse a un ritmo vertixinoso, reflectindo a ambición do seu proxecto integral. Mentres o equipo masculino lograba un fito extraordinario con dous ascensos consecutivos nas súas dúas primeiras tempadas, o equipo feminino consolidábase con éxito, converténdose nun piar fundamental da entidade. Este dobre triunfo na competición non só validou a seriedade do club, senón que materializou a súa filosofía inclusiva, demostrando con feitos o seu compromiso co fútbol sala masculino e feminino.

Este fulgurante ascenso consolida unha historia de resiliencia e paixón colectiva. O CompoSala non só representa o regreso da competición, senón a construción dunha estrutura que busca asegurar un futuro sostible. O legado que o club aspira a forxar é o dunha entidade nada da vontade da súa cidade, definido tanto polo seu éxito no sénior masculino como pola consolidación do feminino e o crecemento dunha canteira puxante, asegurando así o futuro do fútbol sala en Santiago.

As Nosas Políticas

Os principios que guían o noso camiño

🏅

Políticas Senior

Xerar unha identidade, tanto a nivel competencial como de comportamento; Que sexa un exemplo para a nosa base.

🌱

Políticas de Base

A educación e a formación deportiva como prioridade na construción do futuro do clube.

💼

Política Económica

Traballar sempre a partir dos cartos orzamentados e implicar ás empresas locais no noso proxecto.

Directiva

Coñece o equipo detrás deste proxecto

Antón Arnejo

Antón Arnejo

Vocal e responsable de equipo Meraki

• Xogador profesional de fútbol sala
• Técnico superior en deportes
• Responsable sección Meraki
Dani Blanco

Dani Blanco

Presidente

• Xogador profesional de fútbol sala
• 7 anos de experiencia categorías base
• Técnico titulado nivel 2
Gabi Rama

Gabi Rama

Vice-presidente e responsable equipos senior

• Técnico titulado NACIONAL B
• 10 anos de experiencia entre equipos base e senior
Santi Valladares

Santi Valladares

Secretario e coordinador da base

• Xogador profesional
• Graduado en Ciencias de Actividad Física e Deporte
• Técnico UEFA PRO
• 11 anos de experiencia equipos base
Sofía Prol

Sofía Prol

Vocal e responsable de equipo meraki

• Graduada en Educación Infantil
• Premio Galicia acción voluntaria "mellor voluntaria do ano"
• 5 anos de experiencia categorías base

Os Nosos Patrocinadores

Empresas que confían no noso proxecto

Únete á Nosa Familia

Forma parte do proxecto que está revivindo o fútbol sala en Santiago

Santiago de Compostela