Pavillón de Santa Isabel
Aquí xoga o CompoSala os seus partidos na casa, no complexo deportivo de Santa Isabel de Santiago de Compostela.

Como chegar

Próximo partido na casa
Un pouco de historia
O complexo deportivo ocupa os terreos do antigo cuartel de Santa Isabel, durante anos o principal cuartel militar de Santiago. Entre 1939 e 1946 foi tamén prisión, e desde decembro de 2024 unha placa lembra as persoas que estiveron presas alí. Hoxe reúne pavillón, piscina e campo de fútbol.
Entre 2025 e comezos de 2026 o Concello renovou o complexo por completo, cun investimento de 2,6 millóns de euros, na súa maior parte fondos europeos Next Generation. A reforma trouxo unha cuberta nova, máis luz natural, melloras de eficiencia enerxética e de accesibilidade (ascensor, ramplas e espazos adaptados) e unha praza aberta na entrada principal.
Durante as obras, o CompoSala xogou preto dun ano lonxe da casa. Volveu a Santa Isabel na recta final da tempada 2025-26, xusto a tempo para celebrar aquí, o 25 de abril de 2026, o título de liga e o ascenso a Segunda División B. Agardámosvos na bancada.
Fontes: Diario de Santiago, «Santa Isabel concluye su reforma integral» (18/02/2026) · HISTAGRA (USC), «The Prison of the Santa Isabel Barracks in Santiago de Compostela»