Antón Arnejo
Vocal e Adestrador
• Técnico superior en deportes
• Técnico titulado nivel 1
• 3 anos de experiencia
Sobre o clube
O clube de fútbol sala de Santiago de Compostela
No corazón de Santiago, CD Composala nace en 2023 para recuperar o legado do fútbol sala da cidade. Impulsado por un colectivo de ex-xogadores tras a desaparición de clubs emblemáticos, recibiu dende o primeiro momento o apoio de persoas e empresas locais que acreditaron no proxecto.
CD Composala é un clube de fútbol sala con sede en Santiago de Compostela, Galicia. Competindo en categorías sénior masculino, feminino e canteira, o clube irrompeu con forza no panorama do futsal galego xestionando máis de 100 xogadores e xogadoras en todas as súas categorías.
A nosa misión: fútbol sala sen barreiras. Un proxecto deportivo baseado na inclusión, a igualdade e o respecto, que combina ambición competitiva con compromiso comunitario.
Os principios que nos definen como clube.
Cara os compañeiros, cara o clube.
Compartimos e fomentamos o amor polo noso deporte.
Eu son porque Nós somos.
O punto de orixe de todo.
Fútbol sala sen barreiras de ningún tipo.
Profesionais do máis alto nivel en cada sección.
O camiño que nos trouxo até aquí.
Arrinca CD Composala grazas ao micromecenado de máis de 100 persoas e á colaboración de máis de 10 empresas locais, convertidas en cofundadoras simbólicas. Nacen o equipo sénior masculino, o feminino e a canteira.
O equipo masculino logra un ascenso histórico na súa primeira tempada. A canteira supera os 100 xogadores e xogadoras en todas as súas categorías.
Segundo ascenso consecutivo do masculino. O equipo feminino consolídase como piar do clube. A filosofía inclusiva faise realidade con feitos.
Tres anos despois, o clube segue crecendo cunha canteira cada vez máis forte, equipos competindo en categorías oficiais e a mirada posta no futuro do fútbol sala en Santiago.
CD Composala compite en ligas galegas dende Santiago de Compostela. Os nosos equipos sénior, feminino e categorías inferiores disputan partidos oficiais da Federación Galega de Fútbol Sala ao longo de toda a tempada.
Podes consultar os nosos equipos e plantillas actuais ou seguir todas as novidades na sección de noticias.
Os principios que guían as nosas decisións como clube.
Xerar unha identidade, tanto a nivel competencial como de comportamento; que sexa un exemplo para a nosa base.
A educación e a formación deportiva como prioridade na construción do futuro do clube.
Traballar sempre a partir dos cartos orzamentados e implicar ás empresas locais no noso proxecto.
Coñece ao equipo detrás do proxecto.
Vocal e Adestrador
Presidente
Vice-presidente e responsable equipos senior
Secretario e coordinador da base
Vocal e persoa de contacto
Apoia o clube e accede a vantaxes exclusivas. Planos Simpatizante, Abonado, Socio e Familiar.
Ver planos →Apúntate á escola de fútbol sala do clube. Aberta a nenos e nenas que queiran formarse connosco en Santiago.
Coñece a escola →Asocia a túa marca ao fútbol sala de Santiago. Opcións dende patrocinio principal a patrocinio dixital.
Ver opcións →Escríbenos por correo ou síguenos nas redes. Estamos aquí para o que necesites.
Contacto →