Clube · Sénior Masculino

Autos Brea, novo patrocinador dos desprazamentos do CompoSala

O CD Composala asina un acordo con Autos Brea, que porá á disposición do clube os vehículos para os seus desprazamentos fóra de Santiago.

Representantes de Autos Brea e do CompoSala coa camiseta de Carlos diante do concesionario

A poucas semanas do inicio da competición, o CD Composala pechou un acordo con Autos Brea que permitirá ao clube dispoñer de vehículos para os seus desprazamentos fóra de Santiago. Un apoio moi valioso na primeira tempada do equipo en Segunda División B, con viaxes por toda a xeografía do grupo.

A sinatura, na sede de Autos Brea

O acto de sinatura e as fotos protocolarias fixéronse na sede principal de Autos Brea. Participaron Pablo Martínez Brea, administrador da empresa, Rubén, responsable de márketing do clube, e Carlos, pívot do CompoSala. A marca de Autos Brea luce xa nas costas da camiseta do equipo.

Grazas, Autos Brea, por acompañarnos en cada viaxe.

Sinatura do acordo entre Autos Brea e o CD Composala sobre o capó dun cocheSinatura do acordo de patrocinio na sede de Autos Brea