Clube · Sénior Feminino

Tecdesoft patrocinará o Sénior Feminino do CompoSala

A empresa coruñesa Técnicas de Soft, coa súa marca Tecdesoft, únese ao CD Composala para apoiar o seu equipo feminino durante esta tempada.

Dúas xogadoras do Sénior Feminino do CompoSala cunha representante de Tecdesoft e a camiseta de Aurora

Tecdesoft, marca da empresa coruñesa Técnicas de Soft, patrocinará o Sénior Feminino do CD Composala durante esta tempada.

Desde o principio das negociacións, Eva María Domínguez, conselleira delegada da empresa, apostou por apoiar o noso equipo feminino.

A sinatura, na Coruña

Uns días antes do inicio da competición, dúas das nosas xogadoras, Noa e Aurora, e o responsable de márketing do clube, Rubén, desprazáronse ao polígono de Pocomaco, na Coruña, para pechar o acordo que unirá a empresa co clube durante un ano.

Eva amosoulle ao clube as instalacións de Tecdesoft, onde se celebrou o acto de sinatura e se tomaron as fotos. A marca xa luce na camiseta do Sénior Feminino.

Grazas, Tecdesoft, por apostar polo fútbol sala feminino.

Tecdesoft e o CompoSala amosan a camiseta do Sénior Feminino coa marca TecdesoftSinatura do acordo de patrocinio entre Tecdesoft e o CD ComposalaSinatura do acordo nas instalacións de Tecdesoft na Coruña