Previa · Sénior Masculino

O CompoSala viaxa a Mieres na súa primeira saída fóra de Galicia

O CompoSala visita ao Racing de Mieres o sábado 24 de outubro ás 18.00 no Polideportivo Sur Mieres, na xornada 6 de Segunda B.

Segunda División B · Xornada 6

Racing de MieresCompoSala

· Polideportivo Sur Mieres

Sénior Masculino · con

Cartel do partido cos escudos do Racing de Mieres e do CompoSala, un xogador granate en acción e a data, 24 de outubro ás 18.00 no Polideportivo Sur Mieres

Despois do empate (4-4) ante o Stellae Leis Pontevedra en Santa Isabel, o CompoSala fai as maletas para o seu primeiro desprazamento lonxe de terras galegas. O sábado 24 de outubro ás 18.00 visita ao Racing de Mieres no Polideportivo Sur Mieres, na sexta xornada de Segunda División B.

Os nosos viaxan a Asturias con moitas ganas de facer un gran partido e de seguir sumando nunha liga moi igualada.

Un rival con oficio

O Racing de Mieres chega con dúas vitorias e tres derrotas nas cinco primeiras xornadas. É un equipo con experiencia na categoría e xogadores de moita calidade, e na súa pista sempre pon as cousas difíciles.

A voz do vestiario

Gabi Rama pediu coidar o balón e controlar as transicións.

«Unha viaxe fóra de Galicia, imos a Asturias, moitas ganas de traernos os tres puntos para casa. Sabemos que vai ser complicado, é un rival que en transición é o mellor equipo da liga, entón vai estar o partido en non cometer moitos erros en situacións de saída de balón e dominar as transicións defensivas.»

Álvaro Alarcón tamén agarda un partido esixente.

«Esta semana desprazámonos a Mieres, a unha pista moi complicada, que sempre pon as cousas moi difíciles. Intentaremos ir alí competir e sacar os tres puntos.»

O CompoSala volve a Santa Isabel o sábado 31 de outubro ás 18.00 para recibir ao 5 Coruña F.S. Se aínda non es socio ou abonado, coñece a campaña 2026/27.

Ver en Instagram