Din que os pavillóns baleiros non teñen alma. Pero en Santa Isabel gárdanse os nosos soños — e os de moitos nenos e nenas que escolleron o fútbol sala.
Hai tres anos eramos un grupo de amigos cunha idea: facer fútbol sala en Santiago dende a base, con valores. Empezamos na categoría máis baixa. Cada tempada, un ascenso. Hoxe imos competir na liga nacional.
Aquí aprendemos moito máis que dar patadas a un balón. Aprendemos que cando un compañeiro cae, levántase antes de seguir xogando. Que respectar ao rival é a mellor vitoria. Que os nosos valores valen máis que calquera título — e iso é grazas a quen vén día tras día: patrocinadores locais, socias e abonados, xogadoras e xogadores, cantera, pais e nais que enchen Santa Isabel, e todo o staff.
A Segunda B son centos de quilómetros, autobuses, hoteis e comidas. É un esforzo enorme — e para que este motor non pare, para que sigamos medrando, necesitamos o teu alento.
Sintas este escudo como algo teu. Ven connosco — agardámoste na casa.